
Máis vistas
Maruja Mallo (Mulleres Bravas)
Detalles
A través deste volume mergullámonos na vida dunha das nosas artistas máis rompedoras.
Coñecemos a aquela nena que amarrou con forza o soño de se converter nunha extraordinaria pintora.
Ela era unha muller apaixonante e apaixonada.
Unha muller intelixente, estudada que prendeu nas cores vivas, nas formas xeométricas, no cosmos e todo aquilo que podía representar nos seus lenzos.
Unha muller que fixo unha personaxe de si mesma e que non deixaba indiferente a quen se cruzaba no seu camiño.
Unha muller libre e comprometida.
Unha muller leal ás amizadas e, sobre todo, unha muller brava.
Ela era… Maruja Mallo.
Información adicional
Editorial | Urco Editora |
---|---|
Colección editorial | Mulleres Bravas Da Nosa Historia |
Nº de páxinas | 36 |
Ilustración | Agra, Eva |
Autoría | Ribeiro, Elvira |
ISBN / EAN | 9788416121823 |
Ano | 2017 |