
Máis vistas
O Pazo Máxico
Detalles
O PAZO MÁXICO. A túa primeira Escola de Maxia
Son moitos os nenos e as nenas que soñan con ser magos e protagonistas de historias fantásticas. Se ti es un deles, con este libro poderás facer realidade os teus soños e vivir unha aventura alucinante nun pazo máxico oculto nun bosque secreto, onde te converterás nun auténtico aprendiz de mago. Acompañarante nesta aventura un raposo moi simpático e o ilusionista Pedro Volta, que che presentarán algúns dos magos máis lendarios, como o escapista Harry Houdini, O Gran Carter, Doug Henning ou Robert-Houdin, que compartirán contigo segredos incribles e, ademais, ensinaranche en persoa os seus mellores trucos. Tamén descubrirás as orixes do cine grazas ao entrañable mago Georges Méliès, co que aprenderás a realizar coas túas mans misteriosas sombras chinesas. Cando volvas ao mundo real converteraste nun auténtico mago e poderás sorprender os teus familiares e amigos.
Galería de imaxes: O Pazo Máxico.
Noticias de interese: La Voz de Galicia.
Información adicional
Editorial | Baía Edicións |
---|---|
Colección editorial | Xogos e curiosidades |
Nº de páxinas | 96 |
Ilustración | Silvar, Calros |
Autoría | Volta, Pedro |
ISBN / EAN | 978-84-92630-32-5 |
Ano | 2009 |