Máis vistas

De animais e outros deuses

SKU:0050130002
€15,00

Dispoñible

Details:

Poemario finalista do VII Certame de Poesía López Ardeiro de Negreira.

Medrar é facerse cargo do pouco que un ten para o lonxe que quere ir. Onde todo acaba e só che queda a terra das unllas para sementar nela, alí nace a poesía deste libro. Porén albardada con pouca cousa es quen de agatuñar polos vieiros prohibidos ás nenas bonitiñas que non luxan o vestido. Na cima do penedo fitei para o Monte de Mouroces coa calma precisa. Souben que non necesitaba ir máis lonxe. Que xa chegara. Que estaba na casa.

Detalles

- Na casa, repetín cun berro que o eco me devolveu coma unha caricia.

- Na casa.

Información adicional

Editorial Edicións Fervenza
Colección editorial Poesía
Nº de páxinas 82
Ilustración Yáñez, Débora
Autoría Madriñán, Ángeles
ISBN / EAN 9788417094768
Ano 2019