Máis vistas

Cen pezas do traxe do Val do Ulla

SKU:0050010177
€20,00

Dispoñible

Details:

Dez anos de investigación e procura de roupa tradicional no Val do Ulla culminan na presentación deste extenso catálogo etnográfico que deixa ver, as claras, como ambos os dous fomos seducidos polas pezas que íamos atopando nas aldeas.

Un vestiario que seguía mantendo a súa pureza e que dentro da humildade, era para nós un hachádego espectacular pola súa beleza ou pola dignidade coa que as familias conservaban esas roupas herdadas das súas avoas ou bisavoas.

Máis de cento cincuenta fotografías de pezas de roupa ou detalles das mesmas, conforman un Corpus de roupa tradicional galega de moitísimo valor. Un traballo que permitirá deixar constancia da existencia destes atavíos e a vez poder transmitilos de xeración en xeración.

.

Detalles

A catalogación das pezas de roupa, conservadas algunhas delas dende o século XIX ata o XXI, inclúe fichas técnicas, patróns de corte e unha breve parte descritiva.

O arduo traballo de campo dou como froito unha extensa investigación baseada no interese por atopar, inventariar, sacar á luz e deixar para quen interese, o froito dunha tradición que non debe depreciarse, desvalorizarse nin minguar. O fin último, pretende ser esclarecedor e ofrecer algún coñecemento máis aos investigadores e a todas aquelas persoas que devecen por manter esta parte do patrimonio cultural de todos os galegos e galegas.

Información adicional

Editorial Edicións Fervenza
Colección editorial Varios
Nº de páxinas 138
Ilustración Non
Autoría Collantes Carollo, Francisco e Rodríguez Álvarez, José Luis
ISBN / EAN 9788417094751
Ano 2019