
Máis vistas
Meniños cantores
SKU:0900010002
Detalles
“Meniños cantores” é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do norte de Portugal. A iniciativa xurdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte… nas ondas e os estudos Casa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte… nas ondas da candidatura ao Patrimonio Oral e Inmaterial Galego-Portugués ante a Unesco foi a faísca que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena mirada a un futuro posible. “Meniños cantores” consta dun CD de audio con 28 cancións, no que vai incluída unha pista interactiva con letras e partituras e un DVD cun documental sobre o proceso de realización do proxecto e outro documental sobre os costumes e a tradición oral comúns a ambos os dous lados da fronteira, xunto cun videoclip de cada colexio participante.
Información adicional
Editorial | Pai Edicions |
---|---|
Colección editorial | Libro+Cd+Dvd |
Nº de páxinas | |
Ilustración | Non |
Autoría | AA.VV. |
ISBN / EAN | 8437006898249 |
Ano | 2005 |