
Máis vistas
Mel, unha mosca agradecida (libro CD)
Detalles
Un libro-cedé que se arraíza nun carácter claramente comprometido que asemade abraza o aspecto máis lúdico da poesía. O autor do texto e a responsable das ilustracións acreditan nas posibilidades que a poesía encerra para o divertimento e, ao tempo, para a reflexión sobre valores como son a propia lingua galega, a lectura, a solidariedade, o pacifismo ou o respecto á diferenza entre outros, conseguido a través tanto da proximidade que ofrece ese protagonismo coral que bebe do universo dos animais domésticos como da construción dun discurso poético áxil e rítmico apoiado, ou sustentado, nunha lectura visual suxestiva.
Información adicional
Editorial | Nova Galicia edicións |
---|---|
Colección editorial | Infantil |
Nº de páxinas | 76 |
Ilustración | Beloso, Luz |
Autoría | Alonso Diz, Miguel Ángel e Beloso, Luz |
ISBN / EAN | 9788416879212 |
Ano | 2016 |