
Máis vistas
A mona de Schrödinger
Detalles
Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo.
Con este punto de partida, nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, A mona de Schrödinger convídanos a acompañar esta mordaz e irreverente bonoba (que como humana responde ao nome de Suso Mouriño), na súa loita diaria por se manter a flote, algo que non resulta nada sinxelo cando o teu pai bebe canto gaña, o monte veciñal da túa aldea é usado como vertedoiro e ti non encaixas en ningures, nin sequera no corpo que che foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe unha alegación contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.
Información adicional
Editorial | Baía Edicións |
---|---|
Colección editorial | Narrativa |
Nº de páxinas | 216 |
Ilustración | Non |
Autoría | Larvós, Uxío |
ISBN / EAN | 9788499954158 |
Ano | 2022 |