
Máis vistas
A Banda Garrote: música e músicos en Ortigueira
Detalles
Xabier Garrote Cobelo recolle nesta obra os resultados dun monumental traballo de clasificación e estudo historiográfico dos materiais documentais conservados no Arquivo Musical da Banda Garrote de Ortigueira, con particular énfase no papel histórico da Banda Garrote e no rol que nesta comarca exerceron tres músicos dunha saga familiar incuestionablemente vencellada á historia musical de Galicia: José María, Manuel e Andrés Garrote.
O ensaio complétase con documentadas referencias a moitos dos músicos responsables de trazar a historia das bandas de música en Ortigueira, cun amplo aparato documental e con dúas notables contribucións, dos estudosos Xosé Carlos Breixo e Alejo Amoedo, que constitúen unha mostra das moitas liñas de investigación que este traballo abre.
Información adicional
Editorial | Dos Acordes |
---|---|
Colección editorial | Música |
Nº de páxinas | 380 |
Ilustración | Non |
Autoría | Garrote Cobelo, Xabier |
ISBN / EAN | 9788412157314 |
Ano | 2020 |